Vostede está aquí

Ciclo temático "Educación nas marxes"

A próxima semana comeza na Biblioteca Fórum o Ciclo "Educación nas marxes". Busca conversar coas persoas da contorna coruñesa sobre a educación que sucede fora dos focos informativos. Este ciclo de conversas busca sumar voces para traballar por unha educación equitativa, diversa e de calidade que acolla a tódalas persoas e estea conectada coas súas realidades. 

 
Este xoves 20 de outubro ás 19:00 comezan as conversas co foco posto na equidade educativa e na alta tasa de abandono escolar do noso país, especialmente entre os estudantes máis vulnerados. Os convidados son Paco López, orientador educativo xubilado que traballou durante moitos anos nun IES de Oleiros, e Nieves Delgado, docente de FPB, ESO e Bacharelato. 
 
O ciclo está coordinado pola coruñesa Lara Crespo, profesora, formadora e científica; e apoiado pola Asociación de Veciños Oza - Gaiteira - Os Castros e as Bibliotecas Municipáis da Coruña.