Vostede está aquí

Novembro 2022

Convócase un o taller de iniciación ao manexo do móbil. Este obradoiro é básico  e está dirixido a persoas que non saben usar o teléfono ou teñen moi poucas habilidades, co obxectivo de aprender os fundamentos para manexar un móbil.

Achégase a fase de votación final do programa Na Coruña Contas, e dende Asociación  queremos facer unha pequena aproximación na que recomendarmos as propostas que entendemos de maior interese para ser votadas coa finalidade de contribuír  a mellorar a calidade de vida da veciñanza do noso barrio

Coa chegada do Nadal queremos repetir a campaña solidaria de recollida de xoguetes. Podedes colaborar levando algún xoguete que os vosos fillos xa non usen os xoguetes entregaranse no local da Asociación. As datas para a recollida serán do 23 de novembró 19 de decembro.

A asociación veciñal Oza Gaiteira Os Castros está a desenvolver  o proxecto de igualdade Mulleres na Rúa  para visibilizar ás mulleres referentes coruñesas e concienciar sobre a necesidade de traballar xuntos para acadar a igualdade.

 A Asociación veciñal Oza Gaiteira Os Castros reiteramos o noso compromiso coa erradicación de calquera forma de violencia contra as mulleres e facemos un chamamento á cidadanía para combatelas ata a súa erradicación, tanto no noso barrio  como no conxunto da sociedade. Chamamos a combatela atallándoa desde as súas causas, e a aumentar todos os recursos de prevención para que no suceda.