Agruparanse todalas campañas ou apoios que se fagan dentro do barrio coma pode ser: O pequeno comercio, Merca no Barrio e etc...
Vostede está aquí
Campañas e apoios
A Asociación de veciños Oza Gaiteira Os Castros presenta o calendario do mes de setembro do proxecto Barrios 2030
Este proxecto de carácter divulgativo e participativo está a desenvolverse ao longo deste ano 2022 grazas ao cofinanciamento do Concello da Coruña
Na Asociación veciñal vamos a ter clases de Zumba en OZA as clases seran os martes e xoves de 19:30 a 20:30 horas. Informate no numero: 653 66 47 04. Apuntate xa as prazas son limitadas
Como temos feito en anos anteriores, unha vez pasado o verán, poñemos a andar toda unha serie de actividades dirixidas aos veciños e veciñas do barrio. Mantemos actividades que levamos desenvolvendo xa bastantes anos e comezamos algunhas novas esperando que teñan boa aceptación entre a veciñanza.
A asociación veciñal Oza Gaiteira Os Castros vai proxectar o documentário: Vida Artabra de Iago Prada. No Forum Metropolitano o 5 de setembro as 19:30. Entrada de balde * ATA COMPLETAR O AFORO.
A pandemia fixo que paralisaramos esta actividade que xa collera pouso no Bairro coas edicións anteriores. De novo na ruta da música tradicional, arrancamos desta vez no Forum Metropolitano. O vindeiro 22 de xullo de 2022, ás 19.00h. Entrada de balde ata completar aforo.
A asociación veciñal Oza Gaiteira Os Castros, leva máis de 50 anos traballando para mellorar a calidade de vida do barrio, a través do traballo colectivo, tratando de manter unha posición aberta para o debate crítico e construtivo co fin de comprender e mellorar a realidade do barrio.
O Concello da Coruña vén de iniciar nestes días o proceso participativo da chamada Axenda Urbana 2030. Durante os próximos días irá habendo en varios dos Centros Cívicos da cidade encontros abertos, nuns casos en horario de mañá e noutros de tarde, aos que se convocou a todo o tecido social, mais tamén é posíbel participar a título individual.
O vindeiro dia 30 de maio Charla sobre as Enfermidades ambientais.
A cargo de Ana M. González Tizón e Icía Lista Pombo
A charla se celebrara 19 h. na Biblioteca Fórum.
O acceso ás charlas será libre até completar capacidade.
A Asociación veciñal Oza Gaiteira Os Castros programa dentro do seu ciclo Cinema de Barrio vai o
Documental "A Virxen Roxa "
No Forum Metropolitano, o día 6 de xuño de 2022 ás 19:30.
Entrada de balde ata completar aforo.
A Asociación veciñal Oza Gaiteira Os Castros programa dentro do seu ciclo Cinema de Barrio vai o
Documental "O principio do fin das armas nucleares"
No Forum Metropolitano, o día 2 de maio de 2022 ás 19:30.
Entrada de balde ata completar aforo.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- …
- seguinte ›
- última »