Vostede está aquí

Concentración NON ao PECHE do MAC

Dende a Asociación veciñal Oza Gaiteira Os Castros manifestamos o noso total desacordo coa decisión tomada polos responsables de Naturgy de clausurar a actividade do MAC

Dende a Asociación veciñal Oza Gaiteira Os Castros manifestamos o noso total desacordo coa decisión tomada polos responsables de Naturgy de clausurar a actividade do MAC. O Museo de Arte Contemporánea Unión Fenosa (MACUF) contribuiu a facer da mesma un dos piares fundamentais do tecido cultural contemporáneo galego. Grazas a labor deste museo , colexios, asociacións, artistas e unha moit@ veciñ@s do barrio , puideron  descubrir, aprender e gozar da Arte contemporánea de varias xeracións de autor@s galeg@s e de grandes figuras internacionais ás que non teriamos acceso sen  a existencia de dito museo.

O noso colectivo veciñal tamen mostrasmos o noso apoio a tod@s @s traballadores/as das diferentes áreas do museo e sectores afectados polo seu peche. Polo que a nosa Asociación fai un chamamento a veciñanza a participar na CONCENTRACIÓN que baixo o lema: NON AO PECHE DO MAC!.

Vaise celebrar o O VENRES 28 DE DECEMBRO ÁS 20:00 DIANTE DO MUSEO, Av. de Arteixo 171. QUE NON  SE APAGUE A LUZ  DA ARTE

ACUDE E DIFUNDE!