Vostede está aquí
Noso Blogue
A asociación veciñal Oza Gaiteira Os Castros dentro do proxecto Barrios 2030 vai proxectar o documentário: A VIVENDA UN ¿BEN SOCIAL?.
Un proxecto do colexio oficialde traballo social de Galicia: codirixido por Sagrario Fernandez e Xosé Bocixa.
Coa colaboración da Deputación da Coruña. No Forum Metropolitano o día 7 de novembro as 19:30. Entrada de balde ata completar aforo
A próxima semana comeza na Biblioteca Fórum o Ciclo "Educación nas marxes". Busca conversar coas persoas da contorna coruñesa sobre a educación que sucede fora dos focos informativos. Este ciclo de conversas busca sumar voces para traballar por unha educación equitativa, diversa e de calidade que acolla a tódalas persoas e estea conectada coas súas realidades.
A asociación veciñal organiza unha exposición de Fotográfica enmarcada dentro das actividades do proxecto Mulleres Na Rúa
" Queremos ser libres "
A Exposición será no 17 de outubro 2022 ao 24 de outubro 2022
A presentación terá lugar o luns 17 de outubro 2022 ás 20h no Forum Metropolitano
Páxinas
Xebre Banda De Gaitas



