Vostede está aquí
A VIVENDA UN ¿ BEN SOCIAL ?
A asociación veciñal Oza Gaiteira Os Castros dentro do proxecto Barrios 2030 vai proxectar o documentário: A VIVENDA UN ¿BEN SOCIAL?
A vivenda converteuse nos últimos anos no principal factor de exclusión social en Galicia. Así o destacou o pasado ano Cáritas no Informe FOESSA sobre Exclusión e Desenvolvemento social en Galicia. Ese documento salientaba que en Galicia a vivenda "pasou a ocupar o primeiro lugar como causa xeradora de exclusión social no ámbito das persoas e fogares con maior dificultade", desprazando ás dificultades relacionadas co emprego. Así, o 64,9% das persoas en exclusión atópanse afectadas por esta dimensión. En total, o 5,5% da poboación galega atópase nunha situación de vivenda inadecuada (149.000 persoas) e o 7,6% nunha situación de vivenda insegura (205.000 persoas).
No Forum Metropolitano o día 7 de novembro as 19:30.
Entrada de balde ata completar aforo