Vostede está aquí
Decembro 2018
A asociación veciñal Oza Gaiteira Os Castros desexalles un bo Nadal e un Feliz Ano 2019
Na actualidade estase a discutir o futuro dunha parte dos terreos portuarios da cidade da Coruña, que se liberarán co traslado de instalacións ao porto exterior de Punta Langosteira. As administracións e a Autoridade Portuaria estanse a reunir para tratar o asunto, pero os verdadeiros propietarios dos terreos, a veciñanza, non está sendo consultada e iso non podemos permitilo.
Dende a Asociación veciñal Oza Gaiteira Os Castros manifestamos o noso total desacordo coa decisión tomada polos responsables de Naturgy de clausurar a actividade do MAC. O Museo de Arte Contemporánea Unión Fenosa (MACUF) contribuiu a facer da mesma un dos piares fundamentais do tecido cultural contemporáneo galego.
Esta semana creouse en Youtube a canle Oza-Gaiteira-Os Castros AAVV onde se pode ver o material audiovisual que conserva a asociación e que se pasou a formato dixital: Documentais feitos pola Asociación , Festivais do grupo de musica tradicional da Asociación Xebre etc.
- 1 of 2
- ›