Vostede está aquí
Abril 2017
O venres comeza a #AcampadaDoComún en defensa do porto e contra a especulación urbanística nos terreos que son de todas. Polo uso e xestión pública dos peiraos
A asociación veciñal Oza Gaiteira Os Castros anima a participar a toda a veciñanza
Basta xa de Especulación.
A Comisión Aberta en Defensa do Común, plataforma na que participa a nosa asociación veciñal está desenvolvendo unha serie de actividades reivindicativas que teñen por obxecto a paralización definitiva da poxa dos terreos da Solana e Hotel Finisterrre, o cambio do PXOM para impedir máis accións especulativas da Autoridade Portuaria e, en definitiva, rematar co espolio da Coruña
Na Asociación veciñal vamos a ter un obradoiro de TEATRO o Venres de 21 a 23 horas no local da asociación
Sera impartido por : Asociación Teatral Paso de Valverde .
Non o dubidedes máis, e vide a disfrutar do arte do teatro . Probade, quedaredes moi satisfeitos .
Infórmate no 607 56 40 38 ou tamén no enderezoelectrónico: ateatral.xavi@gmail.com.
Manifestación 7 de maio as 12 horas saida da praza da Palloza convocada pola Comisión Aberta en Defensa do Común
Educación ambiental e sensibilización