Vostede está aquí
Acampada reivindicativa
A Comisión Aberta en Defensa do Común, plataforma na que participa a nosa asociación veciñal está desenvolvendo unha serie de actividades reivindicativas que teñen por obxecto a paralización definitiva da poxa dos terreos da Solana e Hotel Finisterrre, o cambio do PXOM para impedir máis accións especulativas da Autoridade Portuaria e, en definitiva, rematar co espolio da Coruña aos que nos ten acostumadas as distintas administracións durante as últimas décadas.
Entre estas actividades están a presentación de mocións en distintos plenos, a convocatoria de concentracións ou unha grande manifestación para o domingo 7 de maio, mais para o caso que nos ocupa e que é o máis inmediato, realizar unha acampada reivindicativa e a instalación de tendas de campaña na contorna da Autoridade Portuaria entre o venres día 21 e sábado 22 de abril.
Comezaría contra as 16.30 horas dese día 21, para logo pasar a noite diante do edificio da Autoridade e rematar ás 12.30 horas do día 22, e estase intentando organizar diversas intervencións musicais e actividades de tipo cultural, cunha grande clausura a partir desa hora.
Dende o noso colectivo animamos a veciñanza a participar
Basta xa de Especulación.