Vostede está aquí

Maio 2016

O Vindeiro día 29 de maio  a partir das 18 horas temos unha nova cita no Parque de Oza para celebrar  O V festival de musica do Pais.

Actuaran  os seguintes  Grupos :
XEBRE
DONAIRE 
OS MELIDAOS
 
 

Dende a  asociación veciñal Oza Gaiteira Os Castros esiximos que as administracións actúen na defensa das persoas e do ben común. En demasiadas ocasións temos padecido decisións que poñen os intereses duns poucos por riba dos da inmensa maioría, demasiadas veces observamos como se gobernou para os amigos, para as grandes empresas e contra os intereses dos veciños e veciñas.

como colectivo  consideramos fundamental a defensa da costa de Oza como espazo natural aberto

Dende a Asociación Veciñal Oza Gaiteira Os Castros como colectivo  consideramos fundamental a defensa da costa de Oza como espazo natural aberto e polo tanto opoñémonos á privatización ou concesión privada do mesmo. A costa debe conservarse aberta, na súa natureza de praia e rocha. As intervencións urbanísticas sobre a mesma deben ser as mínimas para facilitar o uso  social e cidadán da mesma.

A nosa asociación de veciñ@s durante a semana do 10 ao 16 de xuño celebra unha exposición no Forum Metropolitano cos traballos feitos polos soci@s que participan na actividade de Artesania do Coiro.