Vostede está aquí

Agosto 2015

A asociación veciñal Oza Gaiteira Os Castros solicita do Concello de A Coruña a reincorporación o Catálogo de edificios de protección estructural do edificio industrial da Citroen, situado na Avda. General Sanjurjo. Actualmente ten caducada a licencia de demolición e as suas prorrogas, momento pois para retraer a calificación.

Poñemos a andar toda unha serie de actividades dirixidas aos veciños e veciñas do barrio

Como temos feito en anos anteriores, unha vez pasado o verán, poñemos a andar toda unha serie de actividades dirixidas aos veciños e veciñas do barrio. Mantemos actividades que levamos desenvolvendo xa bastantes anos e comezamos algunhas novas esperando que teñan boa aceptación entre a veciñanza.

O noso barrio ten unha poboación moi envellecida e non dispoñemos de centros de día públicos

O barrio demanda máis prazas en centros de día.

Dende a asociación veciñal Oza Gaiteira Os Castros levamos moitos anos demandando prazas en centros de día para persoas maiores.