Vostede está aquí

Abril 2015

Ante a apertura do prazo para solicitar praza nas escolas infantís, volve a poñerse de actualidade a lista de espera para as escolas infantís públicas da Coruña, amosando unha vez máis a necesidade de máis prazas públicas para nenos e nenas de 0 a 3 anos. Moitas familias quedan sen praza no ensino público véndose obrigadas a acceder ao ensino privado.

Hai tempo que a asociación veciñal  Oza Gaiteira Os Castros está a reclamar uso social do Faro de Oza

Hai tempo que a asociación veciñal  Oza Gaiteira Os Castros está a reclamar uso social do Faro de Oza, un uso que permita darlle utilidade pública a un patrimonio que é de todos e todas. Dende hai moito tempo estamos esixindo que se free o deterioro deste ben público catalogado pola Xunta, reclamando investimentos para arranxar e mellorar as súas instalacións.

Dende a AAVV Oza Gaiteira Os Castros  ,queremos denunciar unha serie de deficiencias, que se unen a todas as que temos denunciado con anterioridade, e que fan engordar a lista día tras día, sen que o Concello lle dea solución á maior parte delas. Nesta ocasión estamos a falar de:

As promesas do alcalde non resolven os problemas de mobilidade no barrio 

Dende a asociación veciñal  Oza Gaiteira Os Castros levamos anos denunciando as graves carencias en materia de accesibilidade que padecemos no barrio, un barrio cun alto porcentaxe de poboación de idade avanzada e con problemas de mobilidade.

Mellora do bus urbano

Que dende a AAVV Oza Gaiteira Os Castros queremos transmitir a queixa, expresada por veciños e veciñas do barrio, de falta de conexión dalgúns puntos do barrio así como a necesidade de mellorar algunhas liñas do bus.