Vostede está aquí
As promesas do alcalde non resolven os problemas de mobilidade no barrio
As promesas do alcalde non resolven os problemas de mobilidade no barrio
Dende a asociación veciñal Oza Gaiteira Os Castros levamos anos denunciando as graves carencias en materia de accesibilidade que padecemos no barrio, un barrio cun alto porcentaxe de poboación de idade avanzada e con problemas de mobilidade.
Comentamos en moitas ocasións as dificultades para chegar ao centro de saúde do Castrillón por mor das fortes pendentes dalgunhas rúas, por beirarrúas en mal estado, mal deseñadas ou que simplemente non existen. Levamos tempo esixindo investimentos que melloren a accesibilidade en moitos puntos do barrio, hai edificios nos que para acceder ao portal hai que salvar varios chanzos de escaleiras.
Levamos anos demandando do goberno municipal investimentos para mellorar a accesibilidade pero os cartos non deron chegado ao noso barrio, padecemos unha discriminación ben clara con respecto a outros barrios que si recibiron actuacións en materia de mobilidade.
Que agora que está rematando o mandato veñan con promesas de todo o que din que se fará parécenos unha auténtica tomadura de pelo, o que demandamos hai tempo son actuacións concretas e non promesas. Anunciar unha morea de actuacións, sen prazo de execución nin orzamento e só propaganda electoral que esta asociación veciñal non se cre.