Vostede está aquí
Xaneiro 2015
Veciñas e veciños do barrio volveron poñerse en contacto coa nosa asociación para trasladar as queixas polas partículas que están a contaminar o aire.
As chamadas da veciñanza a esta Asociación Veciñal confirman o, que o 26 e 27 de xaneiro volveron dispararse os niveis de contaminación por partículas PM10 no barrio, chegando a alcanzar niveis que dificultan a respiración e malos olores no barrio.
Asociación veciñal de Oza - Gaiteira - Os Castros vai a celebrar unha Charla sobre a situación da Sanidade publica na Galiza vindeiro 2 de febreiro 19:30 horas no Forum metropolitano na rua Río Monelos, 1. Os poñentes de dita charla serán: Ramón Verás Médico de Familia Portavoz da Plataforma en defensa da SOS Sanidade Pública da Coruña. Un Portavoz da Plataforma de afectados pola hepatite C da Coruña.
Dende hai tempo a Asociación Veciñal Oza Gaiteira Os Castros tratamos de botar unha man para mellorar o pequeno comercio do barrio, somos conscientes do peso deste sector dentro da economía e da súa importancia para a mellora da calidade de vida no barrio, e vemos con enorme preocupación as grandes dificultades polas que están a pasar.
Queremos denunciar outra vez mais a situación do solar sito na rúa Gonzalez Chas antigo corralón en estado de abandono. Supoñen en moitos casos un perigo, anos en estado de abandono, solar invadido de maleza e lixo, espazo que poden ser focos de infección e de pragas de ratas.
Na Asociación veciñal imos ter un taller de pintura . Dito Taller comenzará comenzará cando se creen o grupo( mínimo 4 ó 5 persoas). Impartiranse no local da Asociación.
Apuntate xa as prazas son limitadas.
Infórmate no local da asociación:
Mercé 56 baixo, de 18.30h até 20.00h, teléfono 981298 122
no mesmo horario:
- 1 of 2
- ›