Vostede está aquí

Corralón da Gaiteira

Queremos denunciar  outra vez mais a situación do solar sito na rúa Gonzalez Chas antigo corralón en estado de abandono. Supoñen en moitos casos un perigo, anos en estado de abandono, solar invadido de maleza e lixo, espazo que poden ser focos de infección e de pragas de ratas.

Este solar debe estar limpo para evitar molestias e situacións perigosas para a veciñanza, os propietarios teñen a obriga de mantelo en boas condicións e o Concello debe vixiar que así sexa.

Dende a asociación veciñal Oza Gaiteira Os Castros xa nos temos dirixido ao Concello para trasladar as demandas da veciñanza a respecto da parcela onde estaba situado o Corralón da Gaiteira. Entregamos un proxecto completo e detallado, realizado por un veciño do barrio, para transformar esa parcela que hoxe é un espazo onde se acumula o lixo, nunha zona de ocio onde compartir espazo crianzas e persoas maiores.

Dende o noso colectivo veciñal seguiremos reclamando melloras para o noso barrio.

Defendemos o noso barrio