Vostede está aquí

Desfeitas

Agruparanse todalas desfeitas ou estragos do barrio que a Asociación poñerá en coñecemento das autoridades pertinentes.

Nos últimos días podemos atopar na prensa múltiples novas sobre o proxecto de creación dunha pasarela peonil e ciclista duns 800 metros que unirá As Xubias e Santa Cristina. Unha actuación denominada polo presidente da Xunta de Galicia como "unha alfombra sobre a ría".

 

Dende a AAVV Oza Gaiteira Os Castros temos que denunciar, outra vez máis, as descargas  no porto da Coruña. Hoxe  5  de setembro de por mor dunha descarga que está a provocar  unha gran nube  que cubre gran parte do  barrio.

Veciñas e veciños do barrio volveron poñerse en contacto coa nosa asociación para trasladar as queixas polas partículas que están a contaminar o aire.

Discriminación do barrio en materia de accesibilidade

Dende a asociación veciñal  Oza Gaiteira Os Castros levamos anos denunciando graves carencias en materia de accesibilidade que padecemos no barrio, un barrio cun alto porcentaxe de poboación de idade avanzada e con problemas de mobilidade.

o lamentable estado das instalacións e o deficiente mantemento por parte das administracións

A rotura da rampla de acceso no Santiago Apostol das Xubias pon de manifesto, unha vez máis, o lamentable estado das instalacións e o deficiente mantemento por parte das administracións.

A veciñanza das Xubias xa tiña denunciado o estado desta rampla de acceso, o mesmo que moitos traballadores e traballadoras do centro, mais as administracións volveron facer oídos xordos a estas demandas máis que xustificadas.

Veciños e veciñas do barrio estamos escandalizados coa cantidade de árbores que este goberno municipal está a arrincar.

Xa comezaron por derrubar a senda verde que había na Avenida de Oza, arrincando todas as árbores que tiña pero a cousa foi a peor, arrincáronas na parque de Tabacos, no Parque de Oza, no parque do Hospital de Oza, no barrio das Flores, onda o mercado de Elviña, no parque Europa...

A destrución de ecosistemas naturais é un grave problema que levamos moito tempo arrastrando en Galiza, sen que se tomen medidas efectivas para sancionar as condutas que o permiten.