Vostede está aquí

Tala de árbores no Parque Europa

A destrución de ecosistemas naturais é un grave problema que levamos moito tempo arrastrando en Galiza, sen que se tomen medidas efectivas para sancionar as condutas que o permiten.

Os ecosistemas naturais, sobre todo os máis avanzados na sucesión ecolóxica, ocupan un área cada vez máis reducida e atópanse cada vez máis degradados. A nosa cidade é un bo exemplo de moitas prácticas contra a conservación do medio natural, tanto terrestre como mariño. Unha boa mostra foi o talado de varias árbores comprendidas no Parque Europa.

Producíndose unha perda irreversible de biodiversidade, incrementando o estado de desequilibrio ambiental e poñendo en perigo o noso futuro. As administracións publicas, cando eluden a súas responsabilidades e permiten que se destrúa o medio ambiente están a roubarlle o futuro aos nosos fillos e fillas.

Dende a Asociación  veciñal Oza Gaiteira Os Castros e ante as queixas dos veciños e veciñas  esiximos do concello da Coruña que cumpran coa súa obriga, que se adopten medidas correctoras e remate ca tala de árbores no noso Barrio.