Vostede está aquí

Demandas

Agruparanse todalas demandas que a Asociación ten en curso ou que vai poñer en coñecemento das autoridades pertinentes.

Dende a asociación veciñal estamos a recibir queixas dá veciñanza dá existencia dun edificio abandonado na rúa dá Mercé 52

Dende a asociación veciñal estamos a recibir queixas dá veciñanza dá existencia dun edificio abandonado na rúa dá Mercé 52 sen mantemento adecuado, con presenza de masiva de pombas, gaivotas que constitúen un foco de infeccións.

Dende a asociación veciñal Oza Gaiteira Os Castros, temos que volver a denunciar o estado de abandono no que se atopa o edificio sito na Avenida de Oza 152

Dende a asociación veciñal Oza Gaiteira Os Castros, temos que volver a denunciar o estado de abandono no que se atopa o edificio sito na Avenida de Oza 152, catalogado co NIVEL DE PROTECCIÓN III (protección estrutural) na ficha Nº 49 do vixente Listado de Elementos Catalogados. Pode apreciarse con total claridade un gran deterioro que sufre dito edificio Como temos expresado en anteriores ocasiones , é evidente que non existe un verdadeiro interese dos propietarios polo mantemento adecuado do edificio, incumprindo os Art. 5.1; Art. 7.1 e Art. 43.1 da Ordenanza Municipal publicada no BOP nº 264 do 17 de novembro de 2006. Este patrimonio cultural pode desaparecer por non facerlle cumprir as normas aos propietarios, máis preocupados pola especulación e o enriquecemento aínda que sexa destruíndo este patrimonio.

A Asociación Veciñal Oza Gaiteira Os Castros volvemos denunciar o estado no que se atopa a rúa Gaiteira

A Asociación Veciñal Oza Gaiteira Os Castros volvemos denunciar o estado no que se atopa a rúa Gaiteira. Veciñas e veciños do barrio volveron poñerse en contacto co noso colectivo para trasladar as queixas sobre o estado no se atopa con baldosas a altura do numero 35 e 41 provocando as caidas de varios veciñ@s.

Moitos veciños e veciñas do noso Barrio que dependen do ámbito da Tesoureiría Xeral da Seguridade Social

Moitos veciños e veciñas do noso Barrio que dependen do ámbito da Tesoureiría Xeral da Seguridade Social, amosan o seu malestar polo peche da súa oficiña da rúa Rafael Alberti da Coruña.

Mañá ás 12 da mañá desde a alameda compostelana sairá a MANIFESTACIÓN que organiza QUEREMOS GALEGO no día das Letras Galegas de 2018. Para defendermos a nosa lingua, a lingua que nos é propia, a que foi dos nosos antergos.

Acude!

A Asociación veciñal vai  a presentar as seguintes ALEGACIONS ao proxecto da Planta de Almacenaxe e pre-tratamento de aceites industriais e hidrocarburos no Peirao de Oza da Coruña.

Dende este colectivo veciñal poñémonos en contacto ca Xunta de Galicia e o Concello da Coruña , logo de que moitas veciñas e veciños, e mesmo a ANPA do IES Monte das Moas nos comunicaran a queixa do estado no que se atopan tanto a pista de fútbol, coma o recinto que hai no exterior do pavillón polideportivo Monte das Moas, así como toda a contorna que bordea a estes.

A asociación veciñal Oza Gaiteira Os Castros ante o pacto entre a Xunta e Portos do Estado queremos manifestar :

Dende o noso colectivo queremos un litoral, sostible, baseado no espazo libre, nos equipamentos públicos e na creación de riqueza e emprego arredor da economía do mar.

A nivel individual e persoal o cidadán toma a elección de contribuír ou non a este xeito de vivir e, en ocasións, pode verse limitado pola escaseza de infraestruturas. Por iso as autoridades han de desenvolver plans de mobilidade sostible nas cidades.

 

MANIFESTACIÓN EN DEFENSA DA SANIDADE PÚBLICA

PARA DEFENDER A NOSA SANIDADE PÚBLICA

 DENDE A ASOCIACIÓN VECIÑAL FACEMOS UN CHAMAMENTO A VECIÑANZA A PARTICIPAR NA MANIFESTACIÓN DO DÍA 4 DE FEBREIRO CON SAÍDA DA ALAMEDA DE SANTIAGO DE COMPOSTELA ÁS 12 HORAS

CONVOCADA POLA PLATAFORMA SOS SANIDADE PÚBLICA

Páxinas