Agruparanse todalas demandas que a Asociación ten en curso ou que vai poñer en coñecemento das autoridades pertinentes.
Vostede está aquí
Demandas
Dende a AAVV Oza Gaiteira Os Castros levamos moito tempo demandando
USO SOCIAL DO FARO DE OZA
O Faro de Oza forma parte do noso patrimonio público, o de todas e todos. É unha construción catalogada pola xunta e un símbolo desa cultura mariñeira que define o noso barrio e a propia cidade da Coruña. Dende o noso colectivo veciñal iniciamos unha recollida de sinaturas baixo o lema:
A Asociación veciñal Oza Gaiteira Os Castros leva moito tempo reclamando a recuperación do Faro de Oza, un patrimonio público catalogado pola Xunta, para un uso social; levamos tempo reclamando que o patrimonio de todos e todas sexa posto a disposición do barrio, dos colectivos sociais que traballamos nel e das persoas que hoxe non atopan espazos para a creación cultural ou o desenvolvemento social.
Veciñas e veciños do barrio volveron poñerse en contacto coa nosa asociación para trasladar as queixas polas partículas que están a contaminar o aire.
As chamadas da veciñanza a esta Asociación Veciñal confirman o, que o 21 e 22 de agosto volveron dispararse os niveis de contaminación por partículas PM10 no barrio, chegando a alcanzar niveis que dificultan a respiración e malos olores no barrio.
Veciñanza da zona da Cubela tense dirixido a esta asociación veciñal para queixarse polos desperfectos que se ocasionaron no parque da Cubela, arrincáronse bancos do lugar onde estaban instalados e colocáronse nunha zona distinta, semella que coa intención de xuntar bancos creando unha zona de reunión da mocidade que adoita frecuentar o parque.