Vostede está aquí

Defendamos o noso Barrio

Dende este colectivo veciñal poñémonos en contacto ca Xunta de Galicia e o Concello da Coruña , logo de que moitas veciñas e veciños, e mesmo a ANPA do IES Monte das Moas nos comunicaran a queixa do estado no que se atopan tanto a pista de fútbol, coma o recinto que hai no exterior do pavillón polideportivo Monte das Moas, así como toda a contorna que bordea a estes. Se evidencia a falla de mantemento e de desleixo de moito tempo, cousa que non precisa de moito gasto mais si da vontade de quen exerce a administración pra levalo adiante.

Enumeramos só algunhas das eivas que a simple vista se observan:

           

  • Vallas rotas ou deterioradas ao redor da pista deportiva
  • Redes das porterías rotas
  • Falla de poda de árbores e rozadura de silvas e demais pra poder acceder ao recinto
  • Acumulación de lixo
  • Proliferación de pragas: roedores e procesionaria dos piñeiros entre outras

 

Poñémonos  dende agora ao voso dispor pra estudar entre todas e todos un plano de  actuación integral da zona. É unha zona ampla de usos compartidos na que interveñen 2 administracións: a Autonómica (Xefatura Territorial da Consellaría de Educación e Cultura na provincia da Coruña, xunto coa Secretaría Xeral pra o Deporte) e máis o Concello da Coruña.

https://www.google.es/maps/place/Polideportivo+Monte+das+Moas/@43.3505865,-8.3929067,67m/data=!3m1!1e3!4m5!3m4!1s0xd2e7b60e8d3f02d:0x7fc095f6faeb1cb8!8m2!3d43.3503663!4d-8.3927071?hl=es

Coma se pode apreciar na imaxe do enlace que acompañamos, a zona pode constituír un pulmón verde importante neste núcleo de poboación a onde a veciñanza acode a miúdo como espazo de lecer e de paseo, e polo tanto un espazo onde se agrupan servizos comunitarios, coma: centro de saúde, gardería e Instituto mais tamén un amplo parque que os arrodea,  interesa xa que logo non só conservar senón que tamén poñer en valor incrementando esforzos por parte de todos pra termos un lugar do que estar aínda máis orgullosos e orgullosas.