Agruparanse todalas demandas que a Asociación ten en curso ou que vai poñer en coñecemento das autoridades pertinentes.
Vostede está aquí
Demandas
Que a Asociación veciñal Oza Gaiteira Os Castros entende que dadas as consecuencias sociais, sanitarias e económicas do covid-19 e a “nova normalidade”, sexa necesaria unha modificación substancial dos orzamentos municipais.
Asociación Veciñal apoia as mobilizacións e actos que vaian ter lugar o vindeiro domingo 8 de marzo - Día Internacional da Muller -
Para reivindicar a igualdade real e efectiva entre mulleres e homes, corrixindo as desigualdades existentes e rexeitando calquera discurso contrario a este compromiso que poida supoñer unha volta atrás en materia de dereitos.
Dende o colectivo veciñal Oza Gaiteira Os Castros queremos expresar o noso apoio público á concentración convocada pola Plataforma de ANPAS de Centros de Educación Especial de Galicia o vindeiro sábado 7 de marzo ás 17 horas na Praza do Toural en Compostela.
A Asociación Veciñal Oza Gaiteira Os Castros , presentou esta semana no rexistro do Concello cinco reclamacións ao orzamento municipal para o ano 2020.
Nestas alegacións a Asociación Veciñal solicitamos un maior investimento é para o Bairro que consideramos insuficiente .
A asociación veciñal Oza Gaiteira Os Castros queremos manifestar que noso colectivo veciñal estamos a traballar para construír un movemento veciñal que se mova noutros parámetros completamente diferentes, temos que buscar modos de colaboración máis abertos, participativos e libres.
Dende a Asociación veciñal queremos facer un chamamento este 25N de 2019 a veciñanza e á cidadanía en xeral, para que se sumen á denuncia e repulsa da violencia machista nas súas múltiples expresións.
MOBILIZACIÓNS 25N
Animamos a veciñanza a participar nas convocatorias unitarias do movemento feminista galego.
A asociación veciñal cultural deportiva recreativa Oza Gaiteira Os Castros ante a reunión que vai manter o Concello da Coruña ca Autoridade portuaria queremos manifestar :
Dende o noso colectivo queremos un litoral, sostible, baseado no espazo libre, nos equipamentos públicos e na creación de riqueza e emprego arredor da economía do mar.
A Asociación Veciñal cultural deportiva recreativa “Oza”,Gaiteira-Os Castros temos coñecemento de que se atopan en período de elaboración dos Orzamentos Xerais da Corporación, para o exercicio 2020.
Presentamos as seguintes Propostas ao Orzamento Municipal de 2020, para que se incluian para o desenvolvimento das seguintes actuacións no noso bairro:
A asociación veciñal cultural deportiva recreativa Oza da Gaiteira Os Castros queremos manifestar que o noso colectivo veciñal tense distinguido dende o seu nacemento pola defensa do medio ambiente e contra o avance da contaminación que deriva en problemas de saúde ou que inciden directamente no bairro e porén na cidade.
As bolsas de plástico dun só uso que se reparten nos comercios, convértense rápidamente nun residuo. Tanto a fabricación como o tratamento das mesmas como residuos, producen serios problemas ambientais, sociais e económicos.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »