Agruparanse todalas charlas e coloquios que se farán dentro da Asociación
Vostede está aquí
Charlas
A Asociación veciñal Oza Gaiteira Os Castros vai proxectar o documental: Benvidas ao club e debate sobre Trátaa de persoas. Sinopsis: A finais de 2009 a aparentemente tranquila cidade de Lugo encabeza titulares e abre telexornais. Algunhas palabras, que antes soaban afastadas, ecoan coa forza do cotián baixo as luces de neón.
Guiados pola terapeuta e poeta Begoña Picón e a Coach motivacional Isabel Aranda
21 de febreiro as 19 .00 na Biblioteca do Forum Metropolitano a a presentación do libro, OS RESTOS DO FRANQUISMO EN GALIZA .
O Noso Barrio Conta; é o lema baixo o que se celebrará este acto organizado pola Asociación Veciñal Oza Gaiteira Os Castros no formato de mesa redonda para debater sobre Cidade Sostible, Plan de mobilidade, e eliminación das barreiras arquitetônicas. O obxectivo é procurar que os grupos políticos visiten o barrio e expoñan os seus plans sobre mobilidade e eliminación das Barreiras arquitetônicas, desde logo un asunto de moito interese para a veciñanza.
O acto se celebrará no Auditorio do Forum Metropolitano o 24 de setembro ás 19.30h sendo o moderador será o membro da directiva da Asociación: O Periodista Pepe Lorenzo. Debido ás restricións sanitarias, este evento contará cunha capacidade limitada polo que precisamos que te inscribas: ozagaiteiraoscastros2@gmail.com
A asociación veciñal Oza Gaiteira Os Castros vai proxectar no Forum Metropolitano o luns 6 de abril a partir das 19:30. horas, do documental da artista lucense Carmen Granxeiro " Benvidos ao club " sobre o Caso Carioca .
Ademáis da proxección haberá pequeno coloquio posterior ao documental.
A entrada é de balde ata completar aforo .
O NOSO BARRIO CONTA: CONVERSAS ELECCIÓNS XERAIS 2019. Futuro da franxa litoral: De San Diego a As Xubia o día 30 de outubro de 2019 na Biblioteca de Forum as 19:00 horas
Temos o gusto de informarvos que A asociación de veciñal Oza Gaiteira Os Castros vai proxectar o documental: ‘Fóra’, o documental da loita contra ENCE o luns 4 de febreiro as 19:30 no Forum metropolitano na rua Río Monelos.
Entrada de balde * ATA COMPLETAR O AFORO.
Documental no que se conta a história da loita contra a papeleira Ence na ría de Pontevedra
A asociación veciñal Oza Gaiteira Os Castros vai proxectar o documentário: Frankenstein 04155
7 de maio de 2018 as 19:30 no Forum Metropolitano
Na Asociación veciñal imos ter un taller de memoria. O Taller será os luns de 11:30 a 12:30. Dito Taller comenzará 7 de maio, si se crea o grupo. Impartiranse no local da Asociación.
Agradecemos o éxito participativo con máis de 50 asistentes na xornada de onte coa proxección : La Mar del Silencio e posterior debate aberto, e intenso, con Maika Beltrán (Responsable de Oxfam Intermon en Galicia), espertando conciencias e abrindo cuestións que nos motivan ao cambio do noso modelo de consumo cara un desenvolvemento sostible e xusto.