Agruparanse todalas campañas ou apoios que se fagan dentro do barrio coma pode ser: O pequeno comercio, Merca no Barrio e etc...
Vostede está aquí
Campañas e apoios
O 9 de xuño as 17: 30 a Asociación veciñal Oza Gaiteira Os Castros organiza no Parque de Oza:
VIII ENCONTRO MÚSICAL OZA 2019.
Horario de Actuación :
A asociación veciñal Oza Gaiteira Os Castros e a Asociación cultural Alexandre Bóveda vai a realizar unha exposición sobre varias temáticas do artista e veciño de barrio Pefecto Estévez , dentro da campaña "Promoción da cultura no Barrio".
A asociación veciñal Oza Gaiteira Os Castros vai proxectar o documentário: "Redes contra a política do espolio. Aire, auga e terra limpas.
Documental de Xose Anton Bocixa Rei e Nós Televisión
No Forum Metropolitano o dia 3 de xuño as 19:30. Entrada de balde * ATA COMPLETAR O AFORO.
A asociación veciñal Oza Gaiteira Os Castros e a Asociación cultural Alexandre Bóveda vai proxectar o documentário: O Soño de Papa .
Temos o gusto de informarvos que A asociación de veciñal da Agra do Orzán vai proxectar o documental de María Alvarez , Mar de Oza : Maxinado o futuro en colaboración coa nosa Asociación o xoves 11 de abril as 20:00 no local da Asociación Agra , rúa Entrepenas , 38. A Coruña.
O NOSO BARRIO CONTA: CONVERSAS ELECCIÓNS MUNICIPAIS 2019 –
Mar de Oza . Futuro da franxa litoral : De San Diego a Ás Xubias
Sábado 6 de abril ás 12 horas no Fórum Metropolitano
A asociación veciñal Oza Gaiteira Os Castros organiza unha excusión a Portugal O Sábado, día 11 de maio de 2019 visitando a Feira de Vilanova de Cerveira e a Fortaleza
- Saída : 8: 00 horas.
- Lugar : Asociación de Veciños
- (Rúa da Merced, nº 56, baixo)
- Volta as 21 horas.
Apuntarse no local da Asociación os luns de 18 :00 a 20 :00
Temos o gusto de informarvos que A asociación de veciñal Oza Gaiteira Os Castros vai proxectar o documental: "ESTRUTURAS PEL_CONTRA_PEL" o luns 1 de abril as 19:30 no Forum metropolitano na rua Río Monelos.
PRODUCIDA: Tingalaranga Audiovisual
REALIZACIÓN : PACO GALLEGO E XOSÉ BOCIXA
Entrada de balde * ATA COMPLETAR O AFORO.
A Asociación veciñal apoia a folga e todas as demais mobilizacións e actos que vaian ter lugar o vindeiro venres 8 de marzo - Día Internacional da Muller - para reivindicar a igualdade real e efectiva entre mulleres e homes, corrixindo as desigualdades existentes e rexeitando calquera discurso contrario a este compromiso que poida supoñer unha volta atrás en materia de dereitos.
O NOSO BARRIO CONTA: CONVERSAS ELECCIÓNS MUNICIPAIS 2019 - Recuperación de espazos urbanos para uso cidadá: Sábado 9 de marzo ás 12 horas no Fórum Metropolitano