Vostede está aquí

O SOÑO DE PAPÁ.

A asociación veciñal Oza Gaiteira Os Castros e  a Asociación cultural Alexandre Bóveda vai proxectar o documentário: O Soño de Papa .

No Forum Metropolitano o dia 6 de maio  as 19:30. Entrada de balde * ATA COMPLETAR O AFORO.

DIRECTOR  : Xavier Bermúdez.

Un documental de  Xamalufilmes.
 
 
SINOPSIS

É moi difícil medir a importancia social que ten o fútbol hoxe en día, pero podemos aseverar que é, sen dúbida, o espectáculo que goza dunha maior atención en todo o mundo. Cando hai un partido importante, non hai cidade, deserto ou selva no planeta no que non se estea seguindo, sexa do modo máis precario ou do tecnológicamente máis sofisticado. Un futbolista europeo con certo renombre ten seguidores propios en Asia, Nova Zelanda ou África. Internet multiplicou os modos de conexión entre seguidores e protagonistas. De feito, algúns partidos da liga española ou da inglesa prográmanse para ser cómodamente vistos en Chinesa. O fútbol é un dos momentos estrela de calquera informativo televisivo ou radiofónico, e a cantidade de diñeiro que move é igual de espectacular.

Ante este panorama, chegar a formar parte da élite futbolística é un soño polo que loitar. Quizais polo que hipotecar a tranquilidade dunha familia. Un soño ao que dedicar unha infancia.

Dos pícaros futbolistas trata O SOÑO DE PAPÁ.