Vostede está aquí
A nosa Asociación veciñal apoia a folga feminista convocada para o venres
06/03/2019 - 20:16
A Asociación veciñal apoia a folga e todas as demais mobilizacións e actos que vaian ter lugar o vindeiro venres 8 de marzo - Día Internacional da Muller - para reivindicar a igualdade real e efectiva entre mulleres e homes, corrixindo as desigualdades existentes e rexeitando calquera discurso contrario a este compromiso que poida supoñer unha volta atrás en materia de dereitos. A Asociación veciñal Oza Gaiteira Os Castros Fai un chamamento a participar para facer posible a eliminación do patriarcado, un conglomerado de crenzas, abusos, discursos, actitudes e roles que están implantados na nosa sociedade e que impiden acadar esta verdadeira igualdade