Vostede está aquí

A nosa Asociación veciñal apoia a folga feminista convocada para o venres

A Asociación veciñal  apoia a folga e todas as demais mobilizacións e actos que vaian ter lugar o vindeiro venres 8 de marzo - Día Internacional da Muller - para reivindicar a igualdade real e efectiva entre mulleres e homes, corrixindo as desigualdades existentes e rexeitando calquera discurso  contrario a este compromiso que poida supoñer unha volta atrás en materia de dereitos. A Asociación veciñal Oza Gaiteira Os Castros  Fai un chamamento   a participar  para  facer posible  a eliminación do patriarcado, un conglomerado de crenzas, abusos, discursos, actitudes e roles que están implantados na nosa sociedade e que impiden acadar esta verdadeira igualdade