Agruparanse todalas campañas ou apoios que se fagan dentro do barrio coma pode ser: O pequeno comercio, Merca no Barrio e etc...
Vostede está aquí
Campañas e apoios
Temos o gusto de informarvos que A asociación de veciñal Oza Gaiteira Os Castros vai proxectar o documental: "ESTRUTURAS PEL_CONTRA_PEL" o luns 1 de abril as 19:30 no Forum metropolitano na rua Río Monelos.
PRODUCIDA: Tingalaranga Audiovisual
REALIZACIÓN : PACO GALLEGO E XOSÉ BOCIXA
Entrada de balde * ATA COMPLETAR O AFORO.
A Asociación veciñal apoia a folga e todas as demais mobilizacións e actos que vaian ter lugar o vindeiro venres 8 de marzo - Día Internacional da Muller - para reivindicar a igualdade real e efectiva entre mulleres e homes, corrixindo as desigualdades existentes e rexeitando calquera discurso contrario a este compromiso que poida supoñer unha volta atrás en materia de dereitos.
O NOSO BARRIO CONTA: CONVERSAS ELECCIÓNS MUNICIPAIS 2019 - Recuperación de espazos urbanos para uso cidadá: Sábado 9 de marzo ás 12 horas no Fórum Metropolitano
A Asociación de Veciños Oza, Gaiteira, Os Castros celebrará tres mesas de debate entre os candidatos/as á alcaldía da Coruña nos meses de marzo, abril e maio.
O NOSO BARRIO CONTA é o lema baixo o que se celebrarán, no Fórum Metropolitano este Ciclo de Conversas Cívico de cara a debater os temas de maior transcendencia de cara ó futuro do barrio.
Na Asociación veciñal vamos a ter un curso de Pilates en OZA as clases seran os mercores de 19:30 a 20:30 horas, comenza cando se cree grupo. Apuntate xa as prazas son limitadas.
Infórmate : 653 66 47 04.- 617 23 18 64
A Fundación Rosalia de Castro e a Asociación de Gaiteir@s Galeg@s fan un chamado a dar unha alborada global no Día de Rosalia.
O Domingo 24 de febreiro ás 12.00 H. Diante da casa onde viviu Rosalia de Castro na Coruña , Rúa do Principe , 3 15001 A Coruña .
A asociación veciñal Oza Gaiteira Os Castros e Asociación para a Recuperación da Memoria Historica vai proxectar o documentário: O Acevo : O Reencontro das Memorias
No Forum Metropolitano o dia 11 de marzo as 19:30. Entrada de balde * ATA COMPLETAR O AFORO.
Temos o gusto de informarvos que se vai proxectar o documental : Mar de Oza: Maxinando o Futuro o vindeiro venres 15 de Febreiro as 20:00 no Local de Maquinaria Pesada , Linares Rivas , 45 , locais 24-25 .
Temos o gusto de informarvos que A asociación de veciñal Oza Gaiteira Os Castros vai proxectar o documental Mar de Oza: Maxinando o Futuro o vindeiro luns 14 de xanerio as 19:30 no Forum metropolitano na rua Río Monelos
Entrada de balde * ATA COMPLETAR O AFORO.
Dende a asociación veciñal Oza Gaiteira Os Castros queremos agradecer a toda a veciñanza a colaboración na recollida de xoguetes para que ningunha familia do barrio quede sen xoguetes este Nadal, especialmente ás persoas que están facendo o traballo da recollida e entrega de balde para poder facer esta labor.