Vostede está aquí

“AS FOSAS DO ESQUECEMENTO” DE ELOY ALONSO NO FORUM METROPOLITANO DA CORUÑA

Esta colección de fotografías de Eloy Alonso foi realizada pola ARMH. Desde as súas orixes, o traballo da Asociación consistiu na procura, investigación e  exhumación de persoas desaparecidas como consecuencia da represión franquista. A exposición cedida polo fotógrafo asturiano explica de maneira gráfica unha parte dese traballo: a recuperación dos restos mortais desas persoas, visualizado como un lugar onde se mesturan os sentimentos e as emocións. O reencontro cun ser querido, o recordo dun pasado traumático, a ruptura dun silencio gardado durante demasiados anos, o recoñecemento social como vítima dunha cruel inxustiza,…

Tal como se reflicte na propia exposición, as fotografías de Eloy Alonso son un fiel reflexo do drama que aínda viven miles de cidadáns.

Esta proposta de exposición no Concello da Coruña nasce da colaboración de dúas asociacións do ámbito social no que están a traballar dende hai moitos anos: a ARMH e a Asociación veciñal Oza Gaiteira Os Castros. Ambas entidades teñen o interese común de dar a coñecer á veciñanza, e á cidadanía en xeral, as inxustizas que aconteceron no noso país.

 

FICHA TÉCNICA

 

AS FOSAS DO ESQUECEMENTO

Proxecto fotográfico de Eloy Alonso

 

FORUM METROPOLITANO  DA CORUÑA

DATAS DO 1 DE OUTUBRO AO 19 DE OUTUBRO

 

 

ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS

 

 

MARTES 1 DE OUTUBRO ás 19:30h

INAUGURACIÓN

Contará coa presenza dun representante do Concello, Antonio Castro -membro da ARMH- e Paulo Sexto -Presidente da AAVV Oza Os Castros- e Hugo Arias -fotógrafo-

 

LUNS 7 DE OUTUBRO ás 19:30h

Encontro con vídeos: A desaparición forzada I

Investigación con fontes orais o traballo de preparación da exhumación

Carmen Rodeja, historiadora 

 

LUNS 14 DE OUTUBRO ás 19:30h

Encontro: A desaparición forzada II

Investigacións coas fontes documentais

Eliseo Fernandez investigador

 

 

ELOY ALONSO

 

Eloy Alonso destaca como un dos fotoperiodistas máis recoñecidos a nivel nacional e internacional.

 

Fotógrafo da prestixiosa axencia Reuters, con máis de 30 anos de experiencia na fotografía documental e periodística. Acumula varios premios, exposicións e publicacións como o libro La memoria de la tierra.

 

Inolvidábeis son as fotografías dos San Fermines, das movilizacións mineiras, do Naval, dos conflictos sociais, e dos enterrados nas fosas comúns.

 

ARMH

 

A Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica (ARMH) xurdiu a partir da exhumación realizada no ano 2000 na localidade leonesa de Priaranza del Bierzo. Unha fosa común na que se encontraban os restos de 13 republicanos civís asasinados polos falangistas no 1936. Numerosas persoas acudiron ao lugar da excavación para pedir axuda na búsqueda dos seus desaparecidos. Foi cando un grupo de persoas decidiu crear a Asociación para prestarlles esa axuda.

 

Desde entón, a Asociación traballa sobre o maior Arquivo de historia de desaparecidos en toda España. Estas son algunhas cifras:

-Peticións formais segundo modelo da ficha do Grupo de Traballo sobre Desaparicións forzadas da ONU: 2500 casos.

-Cartas manuscritas por familiares para ser escoitados: cerca de 300 casos.

-Correos electrónicos de familiares e informantes que relatan o caso da fosa común do seu pobo: máis de 30.000 correos.

-Contacto directo a través das redes sociais.

 

Todo o labor de investigación histórica, búsqueda e exhumación da fosa, identificación dos corpos , empréndese cunha única finalidade: a entrega dos restos mortais ás súas familias.

 

Desde o ano 2000 a ARMH realizou 168 exhumacións e rescatáronse 1428 vítimas da ditadura franquista dándolles identidade, entregando aos familiares os seus restos mortais e promovendo a homenaxe institucional que estas persoas se merecían e que durante anos lles foi negada.

 

Entre outras actividades que realiza a  ARMH, destacan:

- Investigacións sobre os deportados

- Estudos ao redor dos represaliados

- Actos de homenaxe e dignficación das persoas que sufriron persecución por razón das súas ideas.

- Numerosas denuncias para a Querella arxentina

- Diferentes soportes de difusión e investigacións (webs, publicacións, informes, etc.) No eido local , o blogue memoriadocarcere.com  sobre o penal coruñés.

 

 

 

Asociación veciñal Oza Gaiteira Os Castros

 

A Asociación veciñal Oza Gaiteira Os Castros leva dende os años 70 loitando polo barrio, implicándose cos problemas do/as veciños/as, denunciando a inxusticia e botando unha man na búsqueda de solucións, escoitando, falando e actuando.

 

É unha asociación veciñal que traballa para mellorar a calidade de vida do barrio , a través do traballo colectivo , tratando de manter unha posición aberta para o debate crítico e constructivo para comprender e mellorar a realidade do noso barrio.

 

É un grupo aberto a toda xente no barrio, que fomenta a participación e o debate. Unha asociación que toma as suas propias decisións de maneira democrática e transparente. Un grupo que busca colaborar co tecido das asociacións veciñais para unir forzas, axudando a implementar accións para mellorar do barrio.

 

A Asociación defende o traballo social para mudar as cousas, a xustiza social, a protección do medioambente, o desenvolvemento económico sostible , a colaboración como unha forma de facer as cousas , a protección e posta en valor do patrimonio e a potenciación da cultura e do idioma propio do pais.