Vostede está aquí

A Asociación veciñal apoia ás mobilizacións do 27 de setembro en defensa da terra e fronte á crise climática

Ante a emerxencia climática faise necesario mostrar o compromiso dunha cidadanía preocupada polas consecuencias dun sistema que favorece ás empresas máis contaminantes mentres condena o futuro da humanidade.

A crise climática, consecuencia directa do modelo de produción extractivista, baseada principalmente no uso de combustibles fósiles e do consumo globalizado actual, pon en risco a supervivencia humana e a dun gran número doutras especies e ecosistemas, afectando especialmente as poboacións máis empobrecidas e vulnerables

Por iso, a Asociación veciñal apoia ás mobilizacións do 27 de setembro en defensa da terra e fronte á crise climática