A coñecida como a Casa de Ferrant era unha vivenda cun enorme xardín que ocupaba boa parte dos terreos do Corgo nos que hoxe está o Parque de Oza. A casa pertencía á familia política de Alejandro Ferrant, quen dende aquí pintou algunhas das panorámicas máis famosas da Coruña de finais do século XIX, como este cadro de 1981 que se conserva no Museo de Belas Artes.
Nesta casa, en 1927, estivo a primeira sede do Colexio Compañía de María, que daquelas estaba centrada no ensino para mulleres. Despois tivo máis usos ata que foi derribada no 2011 xunto ó resto das vivendas dos arredores para construir o actual Parque de Oza. Este parque ocupa os terreos da antiga Finca de Cermeño ou Horta do Xeneral, como a coñecían os veciños por pertencer a Pedro Martín Cermeño, que foi capitán de Galicia.
A finca do xeneral estaba pechada por un muro do que se conservan algunhas partes así como varias das fontes da zona. Está atravesado polo Camiño do Corgo que mantén o seu antigo trazado e que comunicaba, como agora, a zona do Montiño co barrio de Monelos.
CRONOLOXÍA
· 1778 Chega a Coruña Pedro Martín Cermeño, Capitán Xeral de Galicia.
· 1780 Cermeño contrata a López Sopeña as canalizacións da súa finca no Corgo
· 1888 Creación da Granxa Agrícola na Horta do Xeneral, terreos de Cermeño
· 1891 Ferrant pinta dende O Corgo o cadro Vista da Coruña. Está en Belas Artes
· 1917 A Compañía de María crea na Casa de Ferrant unha escola para mulleres
· 2011 Inaugúrase o Parque de Oza na antiga Horta do Xeneral, no Corgo
LOCALIZACIÓN
Aquí