Vostede está aquí
Noso Blogue
Como temos feito en anos anteriores, unha vez pasado o verán, estamos intentando poñer a andar toda unha serie de actividades dirixidas aos veciños e veciñas do barrio. Mantemos actividades que levamos desenvolvendo xa bastantes anos e comezamos algunhas novas esperando que teñan boa aceptación entre a veciñanza.
A Asociación veciñal Oza Gaiteira Os Castros vai proxectar o documental
Somos Tribu Vallekas, unha historia de solidaridade.
No Forum Metropolitano, o día 4 de otubro de 2021 ás 19:30.
Debido ás restricións sanitarias, este evento contará cunha capacidade limitada polo que precisamos que te inscribas: ozagaiteiraoscastros2@gmail.com
O Noso Barrio Conta; é o lema baixo o que se celebrará este acto organizado pola Asociación Veciñal Oza Gaiteira Os Castros no formato de mesa redonda para debater sobre Cidade Sostible, Plan de mobilidade, e eliminación das barreiras arquitetônicas. O obxectivo é procurar que os grupos políticos visiten o barrio e expoñan os seus plans sobre mobilidade e eliminación das Barreiras arquitetônicas, desde logo un asunto de moito interese para a veciñanza.
O acto se celebrará no Auditorio do Forum Metropolitano o 24 de setembro ás 19.30h sendo o moderador será o membro da directiva da Asociación: O Periodista Pepe Lorenzo. Debido ás restricións sanitarias, este evento contará cunha capacidade limitada polo que precisamos que te inscribas: ozagaiteiraoscastros2@gmail.com
Páxinas
Xebre Banda De Gaitas



