Vostede está aquí

Outubro 2020

A asociación veciñal Oza Gaiteira Os Castros comunica que  por unha evidente necesidade de prevención e garantia de saúde publica queda suspendida II Marcha Cívica pola devolución da casa de Cornide que se iva celebrar o sábado 31 de Outubro as 12:30 con saida en  Maria Pita

"A xente loitadora e valente é a que inspira e dá sentido á vida. Moito ánimo valentes!"
 

As administracións públicas deben garantir que os desprazamentos a pé sexan seguros, non só desde o punto de vista do contaxio, senón tamén da seguridade viaria.

Desde as Bibliotecas Municipais da Coruña nos informan da programación de cursos centrados en potenciar as ferramentas de comunicación especialmente importantes no contexto actual de restriccións e que vimos impartindo de forma completamente gratuíta nas Bibliotecas Municipais da Coruña. Son cursos maioritariamente dirixidos a persoas sen ningún coñecemento de Informática ou Internet e cobren un amplo abanico de contidos tratados con rigor e profundidade.

 Estas acción formativas desenvolvense seguindo as indicacións das autoridades sanitarias: distancia mínima interpersoal, uso de xeles e mascaras facial

Pinche aquí para coñecer toda a programación.

A asociación veciñal Oza Gaiteira Os Castros vai proxectar o documental: Pucho Boedo, un crooner na fin do mundo.

O documental reconstrúe a vida e obra do cantante Pucho Boedo

Estara  o director : Xurxo Souto

No Forum Metropolitano o día 2 de novembro as 19 : 30.