Vostede está aquí

Xa Abonda . Non a unha planta de tratamento de residuos de buques no peirao de Oza

Dende o noso colectivo veciñal levamos máis de 30 anos tratando de concienciar a todos e todas da importancia de reducir a contaminación ambiental, tratando de implicar ás administracións nesta loita pola calidade de vida das veciñas e veciños. Vemos con fonda preocupación que, lonxe de dar pasos para mellorar a situación, volvemos a tempos pasados onde se negaba o problema.

Cáusanos enorme tristeza e preocupación que a  a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio  e Autoridade Portuaria  da Coruña como toleran que  se instale unha planta de tratamiento de residuos de buques no peirao de Oza dende o noso colectivo non consideramos idonio a ubicación de dita planta.

Dende o colectivo veciñal temos explicado en moitas ocasións que necesitamos tecido industrial, que cree emprego e riqueza para o barrio e toda a cidade, mais ten que facerse cumprindo a lexislación e tomando todas as medidas de protección medio ambiental para protexer os nosos espazos naturais e a nosa saúde, se o facemos así seguramente crearemos moitos máis postos de traballo.

A zona costeira de Oza e toda a Ría do Burgo poden ser un polo de creación de emprego e riqueza, con actividades de lecer, pesca e marisqueo pero para iso é imprescindible o seu saneamento e o control sobre as actividades potencialmente contaminantes.

 

Dende  a Asociación veciñal Oza Gaiteira Os Castros lamentamos profundamente  á Autoridade Portuaria e Xunta toleren  que  se  instalen este tipo de instalación no noso barrio.