Vostede está aquí

San Diego NUNHA ESTACIÓN INTERMODAL DE CERCANIAS

A nosa asociación nas súas alegacións o PXOU do 2003 presentaba, ante a remodelación dos espazos  portuarios e vaciado dos mesmos,  propoñiamos a reconversión da Estación Mercadorías de San Diego NUNHA ESTACIÓN INTERMODAL DE CERCANIAS e dos múelles de San Diego e Centenario nunha TERMINAL DE CONTENEDORES.

Considerábamos que ante o acentuado desuso da mesma e os falidos intentos da Autoridade Portuaria de dinamizar o trafego de contenedores (posteriormente confirmado) e as propostas do PXOU de reordenación dos espazos portuarios, dita reconversión en Estación Intermodal significaría unha nova centralidade no transporte cos concellos limítrofes, , e polo tanto unha diminución  de vehículos privados na cidade, da contaminación ambiental, ruídos,etc.

Aproveitábase así os citados múelles para potenciar un trafego recomendado como ideal pola Comunidade Europea para o transporte de mercadorías como é a vía marítima

Consideramos acertada a iniciativa do actual Goberno Municipal de levar o Pleno do día 12 esta proposta histórica da nosa asociación , e polo tanto solicitamos que o  Pleno Municipal vote a favor da proposta de iniciar  un estudo e negociación con ADIF, co Ministerio de Fomento e a Autoridade Portuaria para unha  reconversión dos citados espacios portuarios na liña exposta pola nosa asociación veciñal.