Vostede está aquí

Recollida de sinaturas polo faro de Oza

Dende a AAVV Oza Gaiteira Os Castros levamos moito tempo demandando

USO SOCIAL DO FARO DE OZA

O Faro de Oza forma parte do noso patrimonio público, o de todas e todos. É unha construción catalogada pola xunta e un símbolo desa cultura mariñeira que define o noso barrio e a propia cidade da Coruña. Dende o noso colectivo veciñal iniciamos unha recollida de sinaturas baixo o lema:

"NON PERMITAMOS A PRIVATIZACIÓN DOS TERREOS PÚBLICOS NA COSTA DE OZA"

Na que solicitamos a Autoridade Portuaria e do Concello do Coruña que se lle dea ao Faro de Oza un uso social, poñendo ese patrimonio que nos pertence a todas e todos ao servizo da veciñanza e non se lle ceda a unha entidade privada como anunciaron pola prensa. Tamen reclamamos a ampliación da praia de Oza e o seu ámbito, para disfrute de toda a veciñanza.