Vostede está aquí
A PRAZA DOS ANTIGOS XARDINS DA FÁBRICA DE TABACOS proposta paisaxística
A asociación veciñal Oza Gaiteira Os Castros queremos manifestar que noso colectivo veciñal tense distinguido dende o seu nacemento non só pola defensa da calidade de vida coti-dian do barrio, senón tamén por unha defensa do espazo urbano cidadán. A base do noso traballo é contar coa participación dos veciños na definición dos espazos públicos como espazos de uso cidadán.
Esta idea fundamental, participar en facer un barrio mais ama-ble engadindo calidade social e urbana, é unha constante na historia da nosa Asociación: Cando a explosión de gas na Campsa da Gaiteira a Asociación solicitou o seu desmantelamento e a súa conversión nun espazo público e cidadán, hoxe é o Parque Europa, a loita contra as mercadorías perigosas e contaminantes solicitando un porto exterior ao Concellal Rodríguez Carballido cando aínda non había concellos democráticos, hoxe o porto exterior está en construción, a loita contra os varadoiros de Lazareto, que remóntase ao ano 1968, e contra os verquidos de lodo que finalmente deron paso a actual Praia de Oza e ao seu paseo, a loita polo Instituto, o Colexio Sal Lence... e un largo ecetera ben coñecido polos veciños, e que figura nas hemerotecas.
Dende o noso colectivo presentamos a o concello dunha proposta sobre A PRAZA DOS ANTIGOS XARDINS DA FÁBRICA DE TABACOS proposta paisaxística O proxecto que presentamos a continuación segue o mesmo camiño: defender os espazos públicos, mellorar a calidade dos mesmos, e poñelos en función dos cidadáns.