Vostede está aquí
Plan de mobilidade Urbana Sostenible
A nivel individual e persoal o cidadán toma a elección de contribuír ou non a este xeito de vivir e, en ocasións, pode verse limitado pola escaseza de infraestruturas. Por iso as autoridades han de desenvolver plans de mobilidade sostible nas cidades.
Con isto preténdese fomentar o uso de medios de transporte menos contaminantes como bicicleta, transporte público ecolóxico, barato e eficaz , ir camiñando en traxectos curtos... con isto obterase unha mellora da calidade de vida do cidadán.
Investir neste tipo de proxectos garante o crecemento económico, a cohesión social e a defensa do medio. Ademais de evitar algúns accidentes, atoamentos e ruídos, tamén obteremos unha mellora do transporte público xa que ao aumentar o uso, se destinará máis presuposto á súa melloría, obteremos maior rapidez nos desprazamentos e melloraremos a accesibilidade.
É moi importante concienciar os cidadáns das vantaxes e beneficios a longo prazo dunha mobilidade urbana sostible. Por iso en toda Europa organízanse actividades para animar tanto os cidadáns, a que usen transporte público, como ás autoridades a investir en infraestruturas.
Dende a nosa Asociación instamos ao concello a elaboración dun plan de mobilidade consesuado con tódolos sectores implicados , e se fale co movemento veciñal.
Polo solicitamos unha reunión co Concello da Coruña