Vostede está aquí
ORZAMENTOS MUNICIPAIS 2020
A Asociación Veciñal cultural deportiva recreativa “Oza”,Gaiteira-Os Castros temos coñecemento de que se atopan en período de elaboración dos Orzamentos Xerais da Corporación, para o exercicio 2020.
Presentamos as seguintes Propostas ao Orzamento Municipal de 2020, para que se incluian para o desenvolvimento das seguintes actuacións no noso bairro:
Propostas
-- Crear partida orzamentaria suficiente para desenvolver no Forum Metropolitano un Arquivo Histórico e Fotográfico do Concello de Santa María de Oza, que sexa a base de estudos sobre o mesmo, como medida de recuperación da historia da cidade e do nos bairro.
-Creación de beirarrúas dende Casablanca ao centro de Saude de Monte das Moas
- Mellora do Parque Europa , Parque de San Diego e Parque de Oza incluíndo unha pérgola para cubrir a zona de xogos. Asemade ver de facer uns urinarios públicos no Parque Europa.No Parque de Oza mirar a posibilidade de incorporar a parcela que ía ser destiñada a gasoliñeira e que limita ao Parque pola parte próxima á rúa Carballo, asemade humanización, limpeza e adecentamento coma continuación do proprio Parque da parte alta da rúa Carballo que queda por baixo da rúa Montes. Recuperación da antiga Casa do Concello de Oza, sita na rúa Montes e que precisa una intervención urxente.
- Mellora do pavimento das Rúas Montes, Ronda de Outeiro , Rúa da Gaiteira, Rúa Monte das Moas, Rúa Arzua, Rúa de San Diego e Practicante Pedro García.
-Melloras das beirarrúas nas seguintes rúas: Montes, San Diego.
- Soterramento das liñas do tendido eléctrico en varias zonas do bairro, que actualmente se atopan suxeitos por postes de madeira, interrumpindo o paso e estreitando aínda máis as beirarruas, como por exemplo na rúas Carballo e González Chas. Poñer beirarúas para paso das persoas, neste intre non teñen.Tamén eliminación do cableado que atopamos en moitísimas fachadas agochadas en ocos ou diretamente colgadas en manoxos ou rolos afeando as nosas casas e rúas, deberiase intermediar coas empresas para a súa total eliminación.
- Ampliar os horarios das liñas de buses de Asemesmo pedimos a entrada a rúa das Xuvias de un autobus urbano para que os usuarios do hospital non teñan que recurrir os taxis que o mesmo tempo beneficie a xente do bairro, e tamén os universitarios.
- Facemos petición dunha escola Infantil xa que a única que temos na zona e insuficiente para a demanda que existe. Os Orzamentos municipais deben incluir investimentos en centros educativos do noso barrio .
-Facemos petición dun Centro de día xa que o único que temos na zona e privado.
- Plan de rebitalizacion comercial da área dos Castros. Potenciación dunha área comercial, non só propaganda (“bolsitas e carteis”) se nón axudas a modernización dos comercios (pódese facer vía europa), estudos sobre viabilidade comercial de sectores, tráfico e zonas de descarga e aparcadoiros.
- Na rúa Posse, onde hai outra parcela baleira lindante coa avenida de Oza, suxerimos crear un aparcadoiro gratuíto. Na rúa Alacante iría un pequeno xardín e noutro escampado cuberto de malas herbas na rúa San Diego, unha área biosaludable para os maiores.
-Campaña por unha Coruña sin plasticos
-Axudas para rehabilitar as vivendas (elimincación de Amianto, pobreza enerxética , instalacións de ascensores ) .
- Un plan xusto de apoio para dinamizar o movemento veciñal .
- Cesión de un local para que o noso colectivo poda realizar as suas actividades
- Investir nun plano de mobilidade realista .
- Creación de unha aula de concienciación medioambiental na paxareira de San Diego.
- Descentralización do Centro Municipal de Emprego facendo cursos de formación para desempregados e desempregadas, no noso bairro.
- Creación da Escola Municipal de Actividades Nauticas a carón da Praia de Oza.
- Recuperación do patrimonio histórico do Bairro , recuperación da capela de Oza para uso da veciñanza .
- Invertir na Loita polo medioambiente calidade do aire e eliminación das especies invasoras
- Intalacións de máis contenedores de lixo , papel e cristal os que hai son insuficientes