Vostede está aquí
O noso Barrio non se vende
A asociación veciñal Oza Gaiteira Os Castros ante o pacto entre a Xunta e Portos do Estado queremos manifestar :
Dende o noso colectivo queremos un litoral, sostible, baseado no espazo libre, nos equipamentos públicos e na creación de riqueza e emprego arredor da economía do mar.
Tamen demandamos a titularidade pública dos terreos e a iniciativa pública na súa xestión e na súa transformación, e pedimos constituír un consorcio entre todas as administracións implicadas.
Tamen denunciamos que os gobernos do PP exclúen ao Concello dunha decisión sobre a fachada marítima .
A veciñanza do noso barrio non estamos dispostos a que servan de moeda de cambio. Cando falamos de cesión gratuita e uso público e cívico dos peiraos, falamos de TODOS OS PEIRAOS.
Mostramos a nosa oposición que se edifique nos peiraos de Oza e San Diego a cambio de librar os do centro da cidade.