Vostede está aquí

NON Á VENDA E PRIVATIZACIÓN DA SOLANA E DO HOTEL FINISTERRE E PEIRAOS DO PORTO

NON Á VENDA E PRIVATIZACIÓN DA SOLANA E DO HOTEL FINISTERRE E PEIRAOS DO PORTO

Desde Asociación veciñal Oza Gaiteira Os  Castros a  apoiamos a iniciativa da COMISIÓN ABERTA EN DEFENSA DO COMÚN e chamamos á mobilización da veciñanza da Coruña e a súa contorna para evitar un novo episodio no espolio da cidade da Coruña, nesta ocasión coa poxa dos solares ocupados actualmente pola Solana e o Hotel Finisterre. NON Á VENDA E PRIVATIZACIÓN DA SOLANA E DO HOTEL FINISTERRE E PEIRAOS DO PORTO Desde o noso colectivo pedimos a devolución gratuíta de estos terreos  públicos ao concello da Coruña para equipamentos públicos desas instalacións deportivas e do hotel cando remate a actual concesión en 2027.

Para garantir a titularidade municipal e o uso público pedimos que o concello adopte as medidas necesarias para a modificación do Plan Xeral de Ordenación Municipal ou, no seu caso, expropiación, e que a Xunta demande a Fomento a suspensión indefinida da anunciada poxa. Desexamos que, como foi aprobado no Pleno, o goberno municipal convoque unha reunión con todas as forzas políticas, sindicais e movemento asociativo da Coruña, para que esa asemblea cívica convoque á cidadanía coruñesa a unha gran manifestación para conseguir estas reivindicacións.