Vostede está aquí
MURALLAS E FARO DE OZA
28/06/2012 - 01:21
  Ante o  estado de deterioración que presentan o antigo faro e as murallas da praia de Oza dende a Asociación de veciños e veciñas Oza Gaiteira Os Castros  instamos ao concello da Coruña súa rehabilitación, así como  de uso que ten o antigo faro de Oza como aula do mar para disfrute dos veciños e veciñas do barrio.
O faro foi construído en 1917 e deixou de usarse en 1963 debido que a construción do dique de abrigo fixo que este faro perdese a súa funcionalidade, polo que foi necesario instalar faro en punta Fieiteira, entre Santa Cristina e Bastiagueiro
Tras a construción da praia artificial de Oza nos anos noventa, o faro áchase situado ao bordo do paseo marítimo polo que se accede a ese areal.
O concello da Coruña vai poñer en marcha un plan director das murallas co obxetivo de preservar o patrimonio da ciudade
Dende a nosa Asociación de veciños e veciñas  queremos que  se incluian   as murallas da praia de Oza, asi como o seu antigo faro  neste plan director permitiria  preservar a muralla da praia de Oza e o seu faro, que  deberiase facer de forma coordinada  con Patrimonio e asi poñer  poner en valor  e proteger  e dar a coñocer este patrimonio historico do noso barrio al  está descuidado ,tapado por herbas  e todo tipo vexetación,e  pintadas.
Pedimos dende a nosa Asociación  que se fagan actuaciones de limpeza, de iluminación e  protección  de ditas murallas , asi como do antigo faro de Oza  igual que se vai facer en outras murallas da Coruña
