Vostede está aquí
Mesa permanente de seguimento
Exisimos que se tomen as medidas necesarias para acabar dunha vez por todas coa contaminación do aire que padece o barrio dos Castros.A calidade do aire é fundamental para a nosa vida, a contaminación por partículas, ocasionadas polas descargas de carbón e outros graneis sólidos,afectan moi gravemente á saúde da veciñanza, especialmente das crianzas, das persoas maiores e daquelas que padecen alerxias ou enfermidades respiratorias. Esiximos que a actividade industrial do porto se faga tomando todas as medidas de prevención que sexan necesarias para non emitir partículas ao ;aire. Como podemos observar nos gráficos dos medidores de organismos oficiáis no mesmo día 9 de novembro de 2014 os dados son diferentes, polo que esiximos dende o noso colectivo:
Unha mesa permanente de seguimento ca participación da asociación veciñal,ecoloxistas e técnicos externos e internos a Autoridade Portuaria, para levar adiante as seguintes medidas: Instalación, calibración e control continuado de medidores por organismos externos a Autoridade Portuaria.
- Control, seguimento e auditoria continuada dos medidores actuais da .Autoridade Portuaria por un organismo oficial experto e externo a Autoridade Portuaria.
- Control do impacto real da contaminación no barrio articulando medidas e políticas de control dos efectos ambientais, estéticos e sanitarios sobre os veciños.