Vostede está aquí

Manifestación sábado, 27 de marzo, contra a «violencia empresarial» exercida pola dirección de Alu Ibérica

A Asociación veciñal fai un chamamento a  veciñanza a participar na manifestación convocada para o sábado, 27 de marzo, contra a «violencia empresarial» exercida pola dirección de Alu Ibérica.
Tamén esiximos unha solución industrial para manter a actividade e o emprego na Coruña.
 
A manifestación contra a represión sindical e por un futuro industrial partirá ás 12 horas da Delegación do Goberno na Coruña e rematará na praza de María Pita.