Vostede está aquí

MANIFESTACIÓN DOMINGO 4 DE XULLO AS 12 NA PALLOZA

 A Asociación veciñal Oza Gaiteira Os Castros    e fai un chamamento a veciñanza a participar o domingo  4 de Xullo  as 12 horas con saida na Palloza  por un Hospital Novo
para a área Sanitaria A Coruña-Cee

 Na manifestación convocada 

A Plataforma de afectadas pola ampliación do CHUAC,

e a ASOCIACIÓN VECIÑAL DE EIRÍS “UXÍO CARRÉ”,

co apoio  da nosa asociación veciñal

  na que se reclama :
1º Un Hospital Novo de VERDADE, para a Área Sanitaria A Coruña- Cee, como os teñen en Santiago, Lugo e Vigo, nunha ubicación máis axeitada, ampla, ben comunicada e sen pendentes imposibles como ten o actual. Sen concentración hospitalaria, que si sexa compatible con pandemias, coma o Covid, e que poida adaptarse ó que poida vir no futuro.

2º Transparencia e menos precipitación nas tomas de decisións sobre unha inversión superior a 430 millóns de euros e que afecta a máis de 500,000 persoas.
3º Non ó peche de varios hospitais imprescindibles como o Hospital Materno Infantil Teresa Herrera, o Centro Oncolóxico, o Centro de Especialidades do Ventorrillo e parte do Hospital Abente y Lago.

4º O CHUAC foi inaugurado o 21 de agosto de 1972. Xa en 2005 inician a reforma e ampliación co Plan Director do CHUAC, que pretendían finalizar en 2013 con unha inversión de case 244millóns. A día de hoxe, 16 anos de obras e molestias máis tarde, están aínda co Plan Director, chámanlle “Fase 0 do novo CHUAC” e prevén que dure 2 anos máis. E só será o 65% do previsto en 2005. E logo empatarán coa reforma e ampliación que agora anuncian. O vello CHUAC xa nunca será NOVO. Por grande que sexa o cartel que lle poñan.

5º Non se pode facer convivir doentes, profesionais da sanidade, quirófanos,UCIs, durante anos coas obras, perforacións, fendas, po,ruídos, vibracións, e perigos biolóxicos asociados ás obras cando se pode evitar nunha nova ubicación.

6º Evitar que arrasen con parte do barrio de Eirís para moldear un entorno que, fagan o que fagan, (tamén se expropian as 45 vivendas ameazadas) seguirá sendo de difícil acceso e mal comunicado.

7º Utilizar os fondos provenientes da Unión Europea para mellorar as Infraestruturas Sanitarias, con un Hospital Novo, con tecnoloxía avanzada, preparado e adaptado para futuras pandemias e para enfermidades crónicas e agudas, con un sistema de ventilación adecuado, amplo, adaptado para calquera tipo de mobilidade, con acceso para bombeiros...

8º Dotar do persoal necesario á Sanidade Pública, rematar coa precariedade, e recuperar, afortalar e dotar de medios e persoal a Atención Primaria e os PACS, xa que é como mellor se pode garantir unha sanidade pública de calidade, en vez de seguir ampliando urxencias.
Por todo o exposto, pedimos o apoio de toda a cidadanía da Coruña e da Área sanitaria A Coruña -Cee, de tódolos sectores profesionais implicados coa formación, investigación e atención sanitaria, de tódolos movementos sociais, plataformas cívicas, asociacións de pacientes, veciñais, etc que dun ou doutro xeito se verán afectadas por este proxecto equivocado.
Por 431 millóns de euros será unha das inversións más importantes na Coruña, e quedará para as vindeiras xeracións. Este é o momento no que, entre todas, podemos facer algo para mellorala e evitar tropezar dúas veces na mesma rocha. Co tempo será obvio que este proxecto é insostible, inviable e irreparable.

MENOS CEMENTO E MÁIS PERSOAL.
NOVO CHUAC SI PERO NON ASÍ, NON AQUÍ.