Vostede está aquí
Manifestación 17 de maio
16/05/2018 - 17:10
Mañá ás 12 da mañá desde a alameda compostelana sairá a MANIFESTACIÓN que organiza QUEREMOS GALEGO no día das Letras Galegas de 2018. Para defendermos a nosa lingua, a lingua que nos é propia, a que foi dos nosos antergos.
Acude!
Desde a Asociación veciñal Oza Gaiteira Os Castros asociación que procura o uso da nosa lingua en todos os ámbitos e facetas da nosa vida, apoiamos esta manifestación como un dos cauces para poder vivir en galego no nosa terra .