Vostede está aquí

Móllate polos Ríos

A asociación veciñal Oza Gaiteira Os Castros convida os veciñ@s a participar este domingo na limpeza pública do río Feáns, dentro do Proxecto Ríos, que se desenvolverá ese día en 49 municipios de Galiza. Na iniciativa, colaboran Adega, a Asociación de Veciños de Feáns, a Asociación de Hortas do Val de Feáns e o Concello. O obxectivo é dar a coñecer o papel dos cursos fluviais, mostrar os seus problemas, e fomentar o seu mantemento e mellora.

Saida do C.CIVICO  VECIÑAL DE FEÁNS . AS 10:30

. Aconséllase levar calzado axeitado Mais información :669 107 835