Vostede está aquí
A CORUÑA LIBRE DE PLÁSTICOS.
As bolsas de plástico dun só uso que se reparten nos comercios, convértense rápidamente nun residuo. Tanto a fabricación como o tratamento das mesmas como residuos, producen serios problemas ambientais, sociais e económicos.
Actualmente atopámonos cun consumo abusivo e inxustificado da bolsa plástica, que ten unha vida media de 12 minutos, consume unha grande cantidade de auga e enerxía, ademais do custo ambiental da explotación do petróleo, un recurso non renovable e co agravante de non ser biodegradable.
O aumento na produción destes residuos é bastante elevado, ata un 47% nos últimos 10 anos, sendo os principais responsabeis os envases e bolsas dun só uso. Estimouse que cada persoa usa unha media de 238 bolsas ao ano.
Ademais de que as bolsas de plástico significan un consumo inxustificado e prexudicial para o medio ambirente, é doada a súa substitución por sistemas reutilizabeis que permiten ser usados en múltiples ocasións (bolsas de algodón, rafia, cestas, carriños da compra…)
En xeral, as razóns para reducir as bolsas de plástico dun só uso, resúmense en:
• -Están fabricadas a partir do petróleo, un recurso non renovable e moi custoso.
• -Supoñen un 2,32 % en peso da bolsa de lixo doméstico.
• -A súa reciclaxe é escasa e custosa enerxéticamente. A maioría acaban en vertedoiros e incineradoras.
• -Na súa fabricación e incineración emítense gases contaminantes (dioxinas, cianuros de hidróxeno entre outros contaminantes)
• -Se cada cidadán ou cidadá deixase de coller unha bolsa, deixaríase de emitir 117 toneladas de CO2 á a atmosfera.
• -Poden tardar 500 anos en desaparecer da natureza.
• -A súa dispersión polo medio provoca afecciones mortais a animais do medio terrestre e acuático.
• -Son facilmente substitubeis por sistemas reutilizabeis.
Solicitamos ao Concello unha campaña A CORUÑA LIBRE DE PLÁSTICOS.
O obxectivo desta campaña, seria a redución drástica na distribución e consumo de bolsas de plástico dun só uso en Coruña.
Para iso consideramos necesario o compromiso e implicación de todos os sectores afectados e responsabeis na distribución e úso de bolsas de plástico tanto as persoas a título particular, como os comercios, centros educativos, etc.
Trátase de educar e concienciar á veciñanza no úso alternativo doutro tipo de contenedores coma as bolsas de papel ou doutros materiais biodegradabeis de úso nos mercados e comercios. Para elo tamén precisamos que o concello procure o diálogo coas grandes superficies, supermercados, mercados municipais e pequeno comercio para que substituan as bolsas publicitarias dos comercios por bolsas de moitos úsos ou bolsas de papel para graneis (peixe, froita,…) de xeito gradual até chegar a plástico a implicar pola súa conta dende hai tempo levando ao mercado as súas proprias bolsas da casa ou pedindo que non lles den bandexas de plástico.
Precisamos una resposta urxente dese concello para parar o efecto contaminante do plástico nas rúas, no mar, nas praias, nos parques e xardíns, nos montes que nos arrodean.
Gostaríanos voltar a aquelas bolsas para o lixo que se facían na Coruña e que marcaron una boa época, e propoñemos a este concello una campaña coa produción suficiente destas bolsas para atraer á xente a través da memoria colectiva ao control racional do lixo doméstico na casa e facilitar o posterior tratamento na procura dunha Coruña sen plástico.