Vostede está aquí
Contra o peche das oficiñas da TXSS.
Moitos veciños e veciñas do noso Barrio que dependen do ámbito da Tesoureiría Xeral da Seguridade Social, amosan o seu malestar polo peche da súa oficiña da rúa Rafael Alberti da Coruña.
Dende hai moitos anos esta proximidade permite a axiliadade da relación entre Administración e administrado, cousa que de seguro se perderá co peche destas oficiñas. Ao noso entender, isto demostra unha vez máis, o deterioro que sofre a Administración dende hai uns cantos anos, por non entrar en profundidades coa responsabilidade do goberno para cos e coas administradas que verán coma deste xeito, a atención na TSGS será moito máis lenta e con lista de agarda como xa está a ocorrer noutros servizos da Administración, a este paso calquera día amenceremos co peche do oficiñas de emprego, ou dispensarios de saúde, etc, por mor dese aforro desmedido que fai que moitos e moitas nos perguntemos a onde van a para os cartos dos nosos impostos, ou onde foron a parar tantos millóns de euros que axudaron a soster a seguridade social no estado español.
Solicitámoslles por escrito que en atención a todos e todas as cidadás, non pechen estas oficiñas e non só íso, senón que crean no bo traballo dos seus empregados públicos que dende hai moitos anos veñen desenvolvendo un traballo moi recoñecido entre a veciñanza que foron atendidos nalgún momento da súa vida laboral, ou que solicitaron información e axuda nalgún momento.
Instamos á Dirección Provincial que trasladen este mal estar e a que reconsideren a situación, e fagan dos servizos públicos un motivo de orgullo e de aposta de futuro, e que non esquezan que o que fai fortes aos servizos públicos é a proximidade á xente ademais de bo traballo feito, isto da seguridade e confianza nas nosas administracións.