Vostede está aquí
Capela de Oza
A Asociación de veciñal Oza Gaiteira Os Castros, ante o estado de deterioración que presentan a capela de Oza e as murallas da praia de Oza. Dende a Asociación instamos as administracións publicas súa rehabilitación, así como de uso que ten o antiga capela como recinto se uso social e cultural para disfrute dos veciños e veciñas do barrio. A igrexa románica de Oza que data do século XII .esta en estado de abandono
Dende a Asociación Veciñal Oza Gaiteira Os Castros estamos a esixir un uso social da Capela de Oza. A veciñanza vén de expresar que quere recuperar un patrimonio público para que poida ser usado por todas e todos nós.
Dende o noso colectivo reiteramos, unha vez máis, que o patrimonio público non sexa posto ao servizo do beneficio particular duns poucos. Temos feito unha proposta para converter a Capela de Oza nun espazo formativo e cultural queremos que todas e todos poidamos facer uso deste ben público, axudando a preservar a nosa cultura mariñeira.
Tamén queremos reiterar a necesidade dunha actuación integrar en toda a contorna para recuperar un patrimonio que hoxe se atopa nun estado lamentable. É preciso que se rehabilite as murallas, a capela de Oza e todo o espazo desa zona dun xeito integral, é unha parte fundamental da nosa historia que debe ser recuperada e preservada.