Vostede está aquí

#25N - Día Internacional para a Erradicación da Violencia de Xénero

 A Asociación veciñal Oza Gaiteira Os Castros reiteramos o noso compromiso coa erradicación de calquera forma de violencia contra as mulleres e facemos un chamamento á cidadanía para combatelas ata a súa erradicación, tanto no noso barrio  como no conxunto da sociedade. Chamamos a combatela atallándoa desde as súas causas, e a aumentar todos os recursos de prevención para que no suceda.

Dende a Asociación veciñal Oza Gaiteira os Castros facemos un chamamento ao rexeitamento frontal e á condena dos discursos negacionistas que poñen en perigo os avances, cuestionan as políticas públicas contra as violencias machistas e a educación en igualdade e revitimizan as mulleres superviventes.

A Asociación fai un chamamento tamén a participar tamén nos actos que o movemento feminista galego, ten convocados por toda Galiza na tarde do 25 de novembro